Abre o prazo de solicitude das axudas correspondentes ao Plan Complementario do Concello de Fene adherido á financiación para a reactivación económica e social

Abre o prazo de solicitude das axudas correspondentes ao Plan Complementario do Concello de Fene adherido á financiación para a reactivación económica e social

Coa publicación no Boletin Oficial da Provincia das bases da convocatoria das axudas ao plan complementario do Concello de Fene adherido á financiación para a reactivación económica e social, dende o mercóres 17 ao venres 19 de novembro poden presentarse as solicitudes no Concello de Fene. O obxeto destas bases é regular as axudas a conceder polo Concello de Fene, adherido ao Fondo de finaciamento promovido pola Deputación da Coruña, aprobadas coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no seu termo municipal e contribuir a paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da Covid-19, nas microempresas e autónomos/as.

As solicitudes formalizaranse no modelo de solicitude establecido e presentaranse por vía telemática.

A convocatoria de axudas vai diririxida a persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:

– Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.

– Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixido para a acreditar a redución os ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.

– Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.

Aos efectos destas bases, para a consideración de microempresa atenderase ao indicado no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, publicado no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) L 187, do 26 de xuño de 2014, segundo o cal a categoría de microempresa está constituída por aquelas empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de €.

Os beneficiarios/as das axudas, deberán cumprir entre outros o seguinte requisito:

– Ter solicitado as axudas PEL REACTIVA: fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña do Concello de Fene, publicadas no BOP da Coruña nº 189, de data 9 de novembro de 2020 e que cumprindo os requisitos para ser beneficiarias non son estimadas por esgotarse a contía máxima de financiamento dispoñible fixada na convocatoria, según acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local de data 25/02/2021, no punto sexto.

O Concello de Fene destina un total de 47.000 € para financiar este plan de axudas.

Para información ou consultas relacionadas coa subvención, cómpre chamar ao teléfono 981492767.

Descargas