A concellaría de turismo do Concello de Fene pon en marcha o proxecto "FENE MAR VIVO PLUS"

A concellaría de turismo do Concello de Fene pon en marcha o proxecto "FENE MAR VIVO PLUS"

Como continuación das dúas edicións anteriores, nas que se concluíu a importancia que o turismo ten para valorizar e comercializar os nosos produtos, o Concello pon en marcha o programa ‘Fene Mar Vivo Plus’ proxecto que se desenvolve ao abeiro do Programa FEMP 2014-202 da Consellería do Mar, tramitado no GALP Golfo Ártabro Norte na convocatoria 2020.


O Concello quere seguir protexendo e divulgando o patrimonio pesqueiro, arquitectónico, cultural de Fene, a súa cultura Indiana ou de Ultramar, xa que xogan un papel importante na nosa diferenciación.

Con ‘Fene Mar Vivo Plus’ quere conxugar un servizo público vencellado ao turismo, para poñer en valor e seguir dando a coñecer a actividade pesqueira e a cultura mariñeira, así como outros produtos patrimoniais que distinguen este territorio.

En consecuencia, nos meses de novembro e decembro desenvolveranse diversos obradoiros e actividades co obxectivo de crear e impulsar un microdestino fundamentado principalmente nun posicionamento diferencial, de calidade e sostible.


ACTIVIDADES DE EXALTACIÓN

- SHOWCOOKING CON DEGUSTACIÓN
[Sábado 27 de novembro na Praza do Alcalde Ramón José Souto González]

A cargo da recoñecida cociñeira Beatriz Sotelo con degustación gratuíta en 4 pases de 50 persoas cada un. Inscrición en www.fenevivo.gal ou no teléfono 663 38 09 09

Pase 1) De 11.00 a 11.40 h Showcooking 11.40 a 12.00 h. Degustación produtos con cuncha
Pase 2) De 13.00 a 13.40 h Showcooking 13.40 a 14.00 h. Degustación produtos sen cuncha
Pase 3) De 17.00 a 17.40 h Showcooking 17.40 a 18.00 h. Degustación produtos con cuncha
Pase 4) De 19.00 a 19.40 h Showcooking 19.40 a 20.00 h. Degustación produtos sen cuncha

FENE INDIANO

- CONFERENCIA "A CULTURA INDIANA" A CARGO DE ERNESTO LÓPEZ NAVEIRAS, coa colaboración da Agrupación Instructiva de Camouco [Venres 26 de novembro. As 20.00 h no Salón de Plenos do Concello de Fene]

- SAÍDAS GUIADAS EN BUS DE ÉPOCA
Paradas en distintas localizacións coa colaboración de "Adriano" e " A Florista" que amosarán o noso patrimonio indiano de Fene (Ruta aproximada 1 hora), con saída dende a Praza do Alcalde Ramón José Souto González:

Sábado 4 de decembro: saídas ás 10.30 h, 12.30 h, 16.30 h, 18.00 h.
Domingo 5 de decembro: saídas ás 10.30 h, 12.30 h, 16.30 h.


- PREPARACIÓN DE PRATOS DE PRODUTOS DO MAR
Imparte Icook Escola de cociña. Estrada do Peirao, 14 Perlío

Preparación de produtos con cuncha (22, 24 de novembro ás 17.30 h)
Preparación de produtos sen cuncha (29 de novembro 1 de decembro ás 17.30 h)

REDES SOCIAIS PARA A TÚA EMPRESA
Aula do departamento de cultura. Avenida de Naturais, 44 (30 de novembro, ás 17.30 h)

- COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS ONLINE
Aula do departamento de cultura. Avenida de Naturais, 44 (2 de decembro, ás 19.30 h)

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS DOS CURSOS E ACTIVIDADES EN
http://www.fenevivo.gal · rede@fenevivo.gal · t: 618 004 110

 

Ligazóns