Ruta lavandeiras. QR1

Ruta lavandeiras. QR1

O peirao de Perlío era quen recibía as nosas lavandeiras que embarcaban cara a Ferrol onde recollían a roupa polas casas, marcada e contada. Con grandes lotes na cabeza embarcaban de novo na lancha e xa en Perlío alguén da casa esperaba cun carro de vacas para levar a roupa ata Sillobre.

Antes de existir o peirao de Perlío ían ata O Puntal coller a lancha para baixar na Fonte Longa, en Batallóns.