Apertura do prazo de inscrición no Programa Integrado de Emprego de Galicia 2021/2022
30-11-2021
Organizado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.
Dirixido a mulleres desempregadas dos Concellos de Cedeira, Valdoviño, Narón, Fene, Neda. Cabanas, Mugardos e Ares que cumpran polo menos algún destes requisitos: certificado de discapacidade, risco de exclusión social e beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia, vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos con baixa cualificación, estar desempregadas (e inscritas como demandantes de emprego).
O seu obxectivo principal é o de mellorar a empregabilidade e facilitar a inserción laboral das participantes a través de accións formativas e de sesións individuais de orientación e asesoramento a través de un itinerario persoal de inserción.
Para máis información www.comarcaferrolterra.es, nos departamentos de emprego e formación ou servizos sociais dos concellos indicados, por correo a piemancomunidade@ferrol.es ou nos teléfonos 697874155, 670304224, 981944000 (ext 378).
Area de Formación e Emprego “Pancho Allegue”.
orientacion.laboral@fene.gal. Teléfono 981 492 767
Prazo de inscrición: aberto até 03 de decembro