Unha sociedade cara o mar
13-12-2021
Dentro das actividades de animación e divulgación de este ano 2021, o GALP Golfo Ártabro Norte esta organizar unha actividade na que se pretende potenciar a involucración do tecido social, económico-empresarial, do sector do mar e da administración local no desenvolvemento da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa do GALP Golfo Ártabro Norte, a través da edición dun vídeo, que sirva principalmente para transmitir e poñer en valor o impacto positivo das axudas do programa FEMP neste ámbito territorial e poder mostrar o impacto destas axudas dende un punto de vista cualitativo, más que cuantitativo.
Por tal motivo, o xoves 16 de decembro entre as 19 e as 20.30 horas no Museo do Humor de Fene, presentarase o vídeo cunha selección de proxectos aprobados neste GALP, a través dunha xornada onde falaremos das experiencias e futuro das axudas do Programa FEMP neste ámbito territorial, e ao remate unha pequena degustación de produtos do mar.