Concentración de condea e rexeitamento polo asesinato por violencia machista en Barro

Concentración de condea e rexeitamento polo asesinato por violencia machista en Barro

Dende a Concellaría de Igualdade do Concello de Fene, convócase ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa, hoxe martes ás  12:00 h, na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA  de JÉSSICA MÉNDEZ de 29 anos ocorrido en Barro

Agradecemos de antemán a vosa asistencia como xesto de condea, repulsa e solidariedade.