En marcha a Ruta das Lavandeiras

En marcha a Ruta das Lavandeiras

O Peirao de Perlío acollerá este mércores, ás 11.00 horas, a inauguración da Ruta das Lavandeiras. Segundo explican dende a Concellería de Promoción Económica e Turismo, impulsoras da iniciativa, un total de quince sinais indican no decurso do traxecto, o "duro percorrido que facían as nosas Lavandeiras de Sillobre que, coa roupa limpa e pranchada e os seus lotes na cabeza, chegaban ao Peirao de Perlío para coller a lancha que as levaba a Ferrol, e voltar novamente con roupa sucia, principalmente de militares, para comezar de novo o proceso de lavado". A ruta ten unha lonxitude de 4 kilómetros e e a duración estimada do traxecto é dunha hora.