Na primavera, trampeo contra a velutina
04-05-2022
O concello de Fene súmase a campaña informativa da Asociación Galega de Apicultura relativa ao trampeo en primavera contra as velutinas
Isto é, segundo informa AGA Ferroltera, as velutinas principian a saída do seu letargo invernal dende marzo, e se non TRAMPEAMOS axiña teremos centos de niños no noso concello que xerarán problemas e mortes de colmeas, ao tempo que risco sobre as persoas.
Porén, a mensaxe da asociación deste ano é sinxelo e claro, e vai dirixido á xente do rural: SE NON QUERES UN NIÑO DE VELUTINA PRETO DA TÚA CASA, COLOCA UN PAR DE TRAMPAS PARA CAZAR RAIÑAS VELUTINAS NA HORTA OU XARDÍN.
Non debe haber ningún niño a menos de 100 metros das vivendas, e iso soamente se acada instalando un par de trampas próximas ás casas entre os meses de marzo a xuño (Decarga aquí o documento facilitado por AGA onde se describe como construir unha trampa). Só deste xeito aseguramos a eliminación de todas as raiñas de paso e os niños primarios existentes nun radio mínimo de 150 metros.
Para rematar dende o Concello lembrámoslles que se advirten a presencia dun niño de vespas asiáticas deben chamar ao 012 ou ao propio Concello para dar o aviso.