San Xoán e San Pedro 2022

San Xoán e San Pedro 2022

O Concello de Fene abre o prazo de solicitude para a comunicación de fogueiras en terreos públicos e particulares  para o San Xoán e San Pedro 2022.


A comunicación afecta a aquelas luminarias que teñan lugar en terreos públicos e particulares, os días 23 e 28 de xuño, a partir das 20.00 horas e ata ás 01.00 horas dos días 24 e 29 de xuño respectivamente, quedando estas perfectamente apagadas.


Unicamente poderán realizarse aquelas luminarias que teñan afectuada a COMUNICACIÓN por escrirto ao Concello de Fene, acompañando DNI do/a responsable.


A presentación será no Rexistro Xeral do Concello ou no Rexistro electrónico desta entidade, por persoas maiores de idade, dende a data de sinatura do presente Bando, ata ás 14.00 horas do 22 de xuño de 2022. As luminarias poderán realizarse únicamente os días 23 e 28 de xuño e as súas respectivas madrugadas dos días 24 e 29 de xuño respectivamente.
 
Para máis información, descarga nos documentos achegados o modelo de comunicación e o bando informativo coas condicións xerais e específicas para a realización das luminarias.

Descargas
Ligazóns