Clasificación sanitaria das zonas de baño en Fene

Clasificación sanitaria das zonas de baño en Fene

A xefatura territorial da Consellería de Sanidade vén de remitir ao Concello de Fene a clasificación sanitaria final das zonas de baño para a tempada 2022, cualificando de “Excelente” a calidade das augas en Almieiras, Coído, Maniños e Río Sandeu. Advirte, nembargantes que a zona de  Barallobre non é apta para o baño ao ser cualificada a súa auga como “Insuficiente”. A este respecto, o Goberno Municipal de Fene agarda que, coas actuacións realizadas no Carril recentemente (acometida de saneamento en varias vivendas e eliminación de vertidos), para a vindeira tempada de baño a auga desta zona estea en óptimas condicións.

Descargas