Andaina este sábado en Fene no 14º aniversario do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica de Por+Vida
14-06-2022
No 14º aniversario do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica, Por+Vida organiza este sábado 18 de xuño unha Andaina dirixida a toda a veciñanza. Con ela, e unha cea baile solidaria, recadaranse fondos para a investigación contra o cancro e, na mesma, colabora o Concello de Fene.
A andaina partirá ás 18.00 horas da praza do Alcalde Ramón Souto González, aínda que dende as 17.00 horas está prevista a recollida de dorsais para as persoas participantes. O percorrido é apto para todas as idades e condicións físicas e estímase nunha hora. Logo da lectura do manifesto, e para continuar co ámbito festivo, a asociación convidará ao público asistente a disfrutar de diferentes actuacións musicais e sorteos.
Máis tarde, ás 22.00 h no CMI Unidade de Fene, a asociación ven de anunciar unha cea baile, e destinan a súa recadación ao Programa de atención socio-cultural infantil hospitalaria da Asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia no Hospital de Santiago de Compostela
Unha cita á que está convidada toda a veciñanza