San Xoán 2022

San Xoán 2022

O Concello de Fene recibiu máis de 180 comunicacións para realizar luminarias na noite San Xoán.

Lembrade que:

- Só se poderán realizar as luminarias en terreos públicos e particulares localizados en solo urbano (núcleos urbanos) e en solo de núcleo rural (núcleos rurais)

- A separación mínima á área de árbores e libre de combustible será, polo menos, de 15 metros a árbores de pequeno ou mediano porte; 25 metros a árbores de gran porte, tendidos eléctricos ou telefónicos, entre outros, e a 15 metros do mobiliario urbano.

- A fogueira non superá en ningún caso os 3 metros de altura nin os 8 de perímetro.

- Queda prohibida a queima de plásticos, aceites, neumáticos, espumas de poliuretano, recipientes que conteñan líquidos ou gases (sprais) aínda que estén baleiros, e en xeral, calquera outra sustancia que poida desprender fume tóxico.

- Non poderá iniciarse ningunha fogueira cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento. Asemede, se iniciado o lume se producise a aparición de vento intenso, procederase a apagalo.

- Non se abandonará a vixilancia da zona da fogueira ata que o lume estea totalmente apagado e logo de dúas horas sen lapas ou brasas.

- O Concello de Fene, por iniciativa ou por instancia do Servizo Territorial de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, poderá impedir a realización nos casos que non sexa posible garantir as medidas de seguridade e prevención de incendios.

- En caso de incumprimento do indicado, ou de queixas fundamentadas da veciñanza, poderase requirir a extincións das fogueiras.


O cumprimento destas normas poderá ser comprobado pola Policía Local (981.49.27.77), que darán conta das incidencias/infraccións detectadas.

Teléfonos de interese:

Emerxencias: 112
Policía Local de Fene: 981 492 777
Protección Civil de Fene: 663 379 073