Inicio das contratacións do PEL Concellos e do APROL Rural

Inicio das contratacións do PEL Concellos e do APROL Rural

O Concello de Fene, a través da Concellería de Emprego e Formación, puxo en marcha o venres día 1 de xullo os seguintes programas de emprego:

  • PEL Concellos, financiado pola Deputación da Coruña, coa contratación de 4 peóns e 1 auxiliar administrativa da biblioteca a xornada completa para a realización de obras e servizos mínimos municipais e cunha duración de seis meses, a cofinanciación do Concello ascende ao 35% do total.
  • APROL rural financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade coa incorporación 2 peóns a xornada completa para a realización de traballos de mantemento forestal e cunha duración é de nove meses, sendo a cofinanciación do Concello do 42% do total.

Os dous programas teñen por obxeto facilitar a incorporación ao mercado laboral daqueles colectivos con máis dificultades no acceso ao mercado de traballo, a través da práctica laboral adquirida nas ocupacións obxecto da subvención.

A concelleira responsable de Formación e Emprego, Cristina García e a concelleira de persoal Sandra Permuy deronlles a benvida á traballadora e traballadores que desempeñarán as súas funcións como persoal temporal do Concello durante os próximos meses.