En lembranza de Miguel Ángel Blanco
13-07-2022
Ao cumprírense 25 anos do asasinato do concelleiro de Ermua Miguel Ángel Blanco -e atendendo a unha convocatoria da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)- a corporación municipal de Fene convocou este mediodía unha concentración como mostra de solidariedade con todas as vítimas e en repulsa de calquera clase de acto terrorista.