Inicio das contratacións da Risga
21-07-2022
O Concello de Fene, a través da Concellería de Emprego e Formación, puxo en marcha o mércores 20 de xullo o programa de emprego correspondente á Renda de Integración Social de Galicia. A través deste programa, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade e polo Concello de Fene, procedeuse á contratación de dúas persoas -ao 75% da xornada e cunha duración de 9 meses- para a realización de traballos de limpeza viaria.
O obxeto do mesmo é fomentar a mellora da empregabilidade das persoas contratadas a través da adquisición de experiencia profesional e facilitar así a súa incorporación ao mercado laboral.
A Concelleira de Persoal, Sandra Permuy, deulles a benvida á traballadora e ao traballador que desempeñarán as súas funcións como persoal temporal do Concello durante os próximos meses.