Abre o prazo para que os establecementos de Fene se apunten ao vindeiro Outlet
26-07-2022
O Concello de Fene organiza un novo OUTLET, coa finalidade de que os comercios, a hostaleria e as empresas de servizos de Fene promocionen os seus produtos, e así fomentar o consumo no comercio local. Será os días 2, 3 e 4 de setembro de 2022 (venres e sábado, de 10 a 14 h e de 16:30 a 20:30 horas e o domingo, de 10 a 14 horas) nos propios establecementos.
Segundo informan dende a Concellería de Promoción Económica, os establecementos interesados en participar deberán enviar un correo electrónico a desenvolvemento.local@fene.gal, indicando o nome do establecemento, o nome da persoa responsable, un número de teléfono, o enderezo electrónico e se precisa mesa e haima. A data límite para comunicar o seu interese é o xoves 28 de xullo.