O comercio de Fene reedita esta fin de semana o seu outlet de verán

O comercio de Fene reedita esta fin de semana o seu outlet de verán

Todo preparado para o Outlet do verán, no que ao redor de 26 establecementos de Fene ofrecerán durante toda esta fin de semana unha chea de oportunidades para facerse con todo tipo de artigos a prezos imbatibles. Será unha edición do Outlet, organizado polo Concello de Fene, coa que se quere darlle saída ao stock estival e tamén axudar á reactivación económica de moitos dos pequenos negocios.

O Outlet de Fene desenvolverase o venres e o sábado de 10 a 14.00h e de 16.30 a 20.30h e o domingo entre as 10 e as 14.00h.  No evento poderán conseguirse todo tipo de artigos, con rebaixas que nalgúns casos poden chegar até un 70%.