Obradoiro dual de emprego Reinicia IX
04-10-2022
Na xornada de onte deu comezo o obradoiro dual de emprego Reinicia IX promovido polo Concello de Fene, xunto cos de Ares, Mugardos, e Cabanas.
Ao acto inaugural levado a cabo na Alianza Aresana, acudiu o Alcalde de Fene, Juventino Trigo, a Concelleira de cultura e emprego de Ares Alma Barrón, o alcalde de Cabanas Carlos Ladra, o Concelleiro de persoal de Mugardos Miguel Mahía, a Delegada Territorial da Xunta en Ferrol Martina Aneiros e a Xefa territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade Judit Fontela.
Estiveron tamén presentes na inauguración a dirección, persoal de apoio, docentes e alumnado traballador do obradoiro Reinicia IX.
O obradoiro dual de emprego denominado Reinicia IX terá unha duración dun ano e contara con 20 alumnos/as traballadores/as en dúas especialidades de 10 persoas cada unha:
Atención sociosanitaria a persoas en institucións sociais
Traballos de carpintaría e moble e aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintaría e moble
Por parte do Concello de Fene o alumnado traballador participará con 9 persoas, das que 4 alumnos/as traballadores/as estarán na especialidade de sociosanitaria que realizarán as prácticas en varios centros de día da comarca e 5 alumnos/as na especialidade de carpintaría que se encargarán de realizar mobiliario para diversas dependencias municipais.