Fene acollerá tres cursos gratuítos do proxecto “Muller Dixital”

Fene acollerá tres cursos gratuítos do proxecto “Muller Dixital”

“Mellorar as competencias dixitais e aproveitar as posibilidades asociadas ás tecnoloxías”, son os principais obxectivos de tres novas accións formativas que se impartirán na Casa da Cultura de Fene a partir do vindeiro luns 17 de outubro. Trátase de cursos de competencias dixitais básicas, avanzadas e para o emprendemento, enmarcados no programa “Muller dixital” da Consellería de Promoción Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Segundo informa a Concellería de Formación e Emprego de Fene, as persoas que realicen os cursos recibirán ao rematar, amais do correspondente certificado, unha tablet de 10” de regalo.

Os cursos van dirixidos a mulleres desempregadas ou en situación de mellora do emprego que teñan a demanda de emprego activa no momento de inicio da formación. Para participar, cómpre asistir á xornada de presentación que terá lugar o luns 11 de outubro, ás 10.00 horas, na Casa da Cultura de Fene e presentar o DNI e a demanda de emprego.

Máis información no servizo de orientación laboral do Concello de Fene (tfno. 981 492 767 / orientacion.laboral@fene.gal) ou en Muller Dixital.