Ampliación de horarios e servizo especial de transporte ao cemiterio municipal no Día de Todos os Santos e Día de Defuntos
10-10-2022
Con motivo do Día de Todos os Santos e o Día de Defuntos, o Concello de Fene informa da ampliación de horarios do cemiterio municipal, así como da posta en marcha dun servizo de transporte especial.
Isto é, os día 1 e 2 de novembro o cemiterio permanecerá aberto ao público ao mediodia de maneira ininterrompida.
O horario nas instalacións municipais será, para o 1 de novembro, de 8 a 22 horas, e o 2 de novembro, de 10 a 20 horas.
Infórmase que o día 1 de novembro ás 17.00 h oficiarase unha misa.
Por outra banda, o servizo de transporte especial realizarase conforme ás seguintes datas e horarios:
31 de outubro, en horario de tarde
1 de novembro, e o mércores día 2, horario de mañá e de tarde.
No horario de mañá, a saída está prevista do cuartel da Garda Civil ás 10 horas e o regreso estímase ás 12 horas. No horario de tarde, a saída, do mesmo punto, será ás 16 horas e o regreso ás 18 horas. Námbolos dous casos, o autobús realizará o percorrido e paradas habituais.