Fene acolle unha segunda edición do curso de Competencias dixitais básicas do proxecto “Muller Dixital”
07-11-2022
Logo o éxito de participación na primeira convocatoria, o Servizo de Orientación laboral do Concello de Fene ven de anunciar unha segunda edición do curso Competencias dixitais básicas do proxecto “Muller Dixital”.
Curso; cuxo obxectivo principal é mellorar as competencias dixitais e aproveitar as posibilidades asociadas ás tecnoloxías; dirixido a mulleres desempregadas ou en situación de mellora do emprego que teñan a demanda de emprego activa no momento de inicio da formación.
Data de presentación do curso : 10/11/2022
Data de inicio: 15/11/2022
Data de finalización: 29/11/2022
Horario: 9.30 a 13.30 h
Para participar, cómpre asistir á xornada de presentación que terá lugar o venres 10 de novembro, ás 11.00 horas, na Casa da Cultura de Fene e presentar o DNI e a demanda de emprego.
Máis información no servizo de orientación laboral do Concello de Fene (tfno. 981 492 767 / orientacion.laboral@fene.gal) ou en Muller Dixital.