18 Slalom de Fene
25-11-2022
O circuito de Vilar do Colo acabará de prepararse esta tarde. Mañá sábado o son dos motores volverá a encher o parque empresarial de Fene. Trátase do decimoctavo Slalom Scratch Fene. A cita presentouse esta mañá na Casa do Concello. O alcalde, Juventino Trigo, destacou a importancia que ten a proba para Fene.
O director da carreira, Edgar Vigo, agradeceu o apoio do Concello e da Concellería de Seguridade ao Slalom Scratch Fene, que acada a maioría de idade duplicando o número de participantes. E iso supón supón un importante reto. Cambia o percorrido e tamén hai novo horario. As verificacións adiantáronse ás 7 da mañá, para poder comenzar a carreira ás 9h e rematar ás 22h. A saída e a meta estarán na zona da empresa de padel Smash Padel. A entrega de premios farase no Bar Leña al Mono, en San Marcos, na parroquia de Sillobre.
Oitenta e tres pilotos inscribironse no Slalom Scratch Fene. Proceden na gran maioría da nosa comarca. Son 70 dos 83. Pero tamén hai pilotos das provincias de Lugo e Pontevedra, así como de Asturias. A proba correráse mañá sábado no parque empresarial de Vilar do Colo en Fene. Última cita do Campeonato de Galicia de Slalom. A carreira chega á maioria de idade e duplica a participación habitual. Manuel Souto, Fran Pico e Iván Picallo loitarán pola vitoria final no campionato.