Prevención de condutas aditivas no obradoiro de emprego

Prevención de condutas aditivas no obradoiro de emprego

No marco do proxecto de prevención de condutas aditivas que a Concellería de Benestar Social e Igualdade de Fene desenvolve, conxuntamente coa agrupación de concellos de Neda e Mugardos, o alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego Reinicia IX asistiu nos últimos días a dúas sesións informativas sobre as adiccións, consumo de substancias e comportamentos aditivos. O obxectivo de ditas accións formativas, foi “informar para axudar a entender as características xerais das condutas aditivas, as súas implicacións na sociedade e desterrar prexuízos, así como establecer un maior coñecemento nesta materia”. O proxecto encádrase no programa “Non pasa nada, pasa algo?”, subvencionado pola Consellería de Sanidade.

Cada grupo do obradoiro dual de emprego Reinicia IX participou en dúas sesións formativas, unha o 16 e outra o 23 de xaneiro, impartidas por unha técnica de ASFEDRO e pola coordinadora do programa e pedagoga municipal do Concello de Fene. Partindo de información obxectiva e veraz a respecto das condutas aditivas, nelas, o alumnado-traballador do obradoiro, con idades comprendidas entre os 20 aos 60 anos, abordou cuestión como: as adiccións con sustancias e comportamentais; alcohol, cannabis e ludopatías,; riscos que conlevan as adiccións; e riscos laborais baixo os efectos de sustancias. Todo isto co obxectivo de que poidan adoptar “decisións autónomas e responsables en beneficio propio e no ámbito laboral, reforzando actuacións preventivas”.

Os cursos do obradoiro dual de emprego Reinicia IX estánse a desenvolver entre os Concellos de Fene e Mugardos, coas seguintes especialidades:

- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 10 alumnas/o, no Centro municipal de formación Francisco Vizoso, Av. Francisco Vizoso 42, Franza 15626 Mugardos.

- Traballos de carpintería e moble: 10 alumnos/as, na Nave municipal de Servizos, Lugar de San Marcos s/n, 15500 Fene