Todo listo para que Costas inicie os traballos de reparación da pasarela de San Valentín
15-02-2023
Tal e como vimos informando, os últimos temporais ocasionaron desprendementos de terra e danos na pasarela de madeira de San Valentín.
Porén, tal e como se acordou con Demarcación de Costas, o Concello de Fene procedeu a corta de árbores na zona. Rematados os traballos, Costas xa pode proceder á reparación da pasarela de madeira.
O alcalde de Fene, Juventino Trigo, visitou esta mañá con persoal de Demarcación de Costas a zona xa acondicionada polo Concello.
Costas confirmou que xa está en marcha o estudio e informe da reforma, có obxectivo de que o tramo de madeira do paseo marítimo de San Valentín se reabra no prazo máis breve posible.