O Concello pasará a led a maior parte da iluminación pública das parroquias
10-03-2023
A Concellaría de Servizos acaba de encargar os traballos para renovar a rede de farois públicos pasándoos a tecnoloxía de led, máis duradeira e aforradora. O investimento total alcanzará os 35.250 euros e suporá o cambio de 165 puntos de luz, cos que o Concello agarda reducir un 75% o consumo eléctrico e rebaixar os custes de mantemento.
Os lugares onde se vai efectuar o cambio atópanse repartidos por todo o territorio municipal. Así, en Perlío substituiranse os farois da avenida de Tarrío e en San Valentín tocaralle aos da Avenida do Mar. Na parroquia de Barallobre intervirase na rúa Pablo Ares Feal e na Riveiroa e, preto de alí, en Maniños, na Rúa San Caetano-Igrexa Nova.
No caso de Limodre os puntos de luz de led chegarán ao Camiño Grande, ás estradas de Cabanas e de Redes e ao Camiño de Lourenzá. Por último, en Sillobre e Magalofes levarase esta tecnoloxía lumínica á estrada de Lubián, á Rúa da Xunqueira e os arredores do local social de Magalofes.
Segundo comenta a concelleira de Servizos, Sandra Permuy, o proxecto ten por obxectivo "seguir avanzando en eficiencia enerxética e ambiental" ademais de servir "para baixar a factura das subministracións eléctricas da rede". Estímase que o consumo se reducirá nun 75% e que os custes tamén o farán case na mesma proporción, xa que os novos alumeados permitirán contratar potencias inferiores.
Luz de máis calidade
O led ten unha capacidade lumínica case 12 veces maior que a dunha bombilla incandescente e ofrece unha luz branca de maior calidade desde o intre mesmo en que acende, mentres que os alumeados convencionais deben chegar antes a unha temperatura óptima de funcionamento para dar unha luz alaranxada ou verdosa moito máis pobre.

Os farois de led tamén teñen unha maior vida útil -ata 50.000 horas de uso ininterrompido-, aseguran que pola noite vexamos cores máis naturais, non parpadean e "tampouco emiten tanta contaminación lumínica á atmosfera", puntualiza Permuy.
Outra vantaxe dos ledes é que "non conteñen materiais perigosos como o chumbo ou o mercurio e, ademais, neste caso estímase que as emisións equivalentes de CO² se verán reducidas tamén nun 75%", remarca Sandra Permuy.