O concello instala casetas para a xestión e control das colonias felinas

O concello instala casetas para a xestión e control das colonias felinas

A concelleiro de Medio Ambiente, Justo Ardá, ven de anunciar a implementación dun programa de xestión e control das colonias felinas, que ten como obxectivo mellorar da calidade de vida dos gatos, diminuír os problemas de superpoboación e promover unha adecuada integración das colonias no concello.

Para elo o Concello instalou recentemente dúas casetas nas colonias felinas na zona urbana de Fene, unha na zona do Eroski e outra pola costa do Calvario. Se o proxecto ten uns resultados adecuados instalaranse máis casetas noutras ubicacións.

A xestión destas colonias desenvólvese a través do Método CES-R (Captura, Esterilización e Solta-Retorno), que é o método de control recomendado pola Organización Mundial da Saúde e consiste na captura dos gatos dunha colonia, esterilizarlos, desparasitarlos e devolvelos ao seu territorio marcados para levar un control de cada animal.

A colaboración entre o Concello coas persoas voluntarias que xestionan e coidan as colonias felinas é esencial, xa que as persoas coidadoras non só se ocupan da alimentación dos animais, tamén de que sexan esterilizados para evitar un crecemento exponencial dos gatos que viven nas rúas.