Na primavera, trampeo contra a velutina
22-03-2023
Instalación trampas por persoal da Agrupación de Voluntarias/os Protección Civil Fene
Non nos podemos esquecer que a Velutina é a causa dos seguintes danos:
Reduce a biodiversidade dos ecosistemas
Perxuízos económicos para os sectores apícola e froiteiro
Seguridade cidadá
Traballos forestais
Dende o Concello lembrámoslles que se advirten a presencia dun niño de vespas velutinas deben chamar ao 012 ou ao propio Concello para dar o aviso.
Para rematar, deixamos algunhas recomendacións para o trampeo (fonte AGA):
Trampear en zonas próximas a apiarios e onde se teña detectado a velutina en marzo, abril e maio.
O tipo de trampa e atraente poden ser caseiras ou comerciais. As caseiros preparanse con viño branco e cervexa ao 50% con restos de cera vella, algunha velutina… A trampa débese colgar a unha certa altura do chan (1,5 m), nun sitio soleado e resgardado do vento. A cantidade de atrainte a empregar será de entre 100-150 ml, y será renovado cada 7-15 días para evitar fermentacións.
O nº de trampas a colocar nos colmenares serán na proporción de 1 trampa por cada 10 colmeas, 2 ata 25 colmeas, 3 ata 50 colmeas e 4 con máis de 50 colmeas.
A cantidade de atraente a empregar será de entre 100-150 ml, e será renovado cada 7-15 días para evitar fermentacións.