O roubo de cable deixa sen luz a zona do cemiterio na Avenida Sixto Mouriz e o camiño do Lameiro en Barallobre.
31-03-2023
A Garda Civil e a Policía Local manteñen aberta a investigación sobre a autoría da subtracción do material nas liñas de subministración eléctrica, por outra banda a Concelleira de Servizos, Sandra Permuy, informou que nos vindeiros días procederase ao arranxo das instalacións.
O roubo de cable no termo municipal supera xa os 10.000 euros, porén o Concello está a estudar melloras na seguridade das arquetas e rexistros así como a posible instalación dun sistema de seguridade mediante cámaras de videovixilancia, sistema xa implementado noutros municipios por mor destes roubos.