Desvíos temporais no transporte público polas obras na Avenida das Pías
10-04-2023
A Xefatura Territorial da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade informa das solucións para os desvíos temporais nos servizos de transporte público afectados polas obras do Ministerio de Transportes na Avenida das Pías de Ferrol, que surtirán efecto a partires do vindeiro 11 de abril.
Cambios derivados das obras do Ministerio e a conseguinte adaptación obrigatoria das liñas das concesións XG641, XG642, XG714, XG817, XG843, XG871 e XG872.
En Fene, na concesión XG871 (entre Ferrol, Pontedeume, Betanzos e A Coruña), procederase a realizar o itinerario desas líñas cun cambio de parada no noso concello, deixando de realizar a parada "Parador. Compre lembrar que estas líñas pasarán a realizar o seu percorrido de forma directa pola AP-9 desde a estación de autobuses de Ferrol, saindo en Neda para continuar pola AC-115 ata Fene.
En concreto as paradas en Fene, segundo as liñas afectadas, serán:
- Nas liñas que realizan a conexión entre Ferrol, Pontedeume, Betanzos e A Coruña (XG871043, XG871046, XG871080, XG871097, XG871098 y XG871117), a parada que poderán empregar as personas usuarias será a parada "Perlío", ubicada na Avenida de Marqués Figueroa (á altura do BBVA), situada a uns 500 metros da parada Parador de Fene.
- Na líña que realiza a conexión entre Ferrol e A Coruña por Pedrido e Laraxe (XG871005), a parada será "Fene" ubicada na Avenida Naturais (á altura do supermercado Gadis), situada a uns 550 metros da parada Parador de Fene.
A información relativa aos novos servizos está xa dispoñible en https://www.bus.gal/gl/avisos/aviso-importante-adaptacion-dos-servizos-polas-obras-na-avenida-das-pias-de-ferrol