Aberto o prazo de inscrición no XIII Concurso de Tapas de Fene

Aberto o prazo de inscrición no XIII Concurso de Tapas de Fene

Imaxe de arquivo. Mesón Aturuxo

O Concello de Fene coa finalidade de promover e dinamizar a actividade do sector da hostalería, convoca o XIII Concurso de Tapas de Fene.

Poderán participar todos os establecementos de hostalería do ámbito municipal de Fene, legalmente establecidos  previa inscrición no prazo e forma establecido nas bases aquí publicadas.

Establécense dúas modalidades: Tapa Tradicional e Tapa Creativa, entendéndose como tapa creativa a que utilice productos, técnicas de elaboración ou presentación innovadoras.

Por cortesía de Icook Escuela de Cocina, as persoas interesadas que queiran recibir asesoramento para a elaboración da tapa, poden solicítalo antes de inscribirse. 

O prazo de inscrición remata o 18 de abril de 2023.

Descargas