O Concello de Fene habilita unha nova canle informativa a través do WhatsApp

O Concello de Fene habilita unha nova canle informativa a través do WhatsApp

Trátase dun novo servizo de difusión de novas de interese xeral para a veciñanza como actividades (culturais, deportivas, sociais...), bandos municipais, calendario fiscal, alertas ou situacións de emerxencia, convocatorias, incidencias ou avisos urxentes. A canle é unidireccional e non servirá para atender demandas, queixas ou suxerencias. Polo tanto, non se responderán mensaxes nin se atenderán chamadas neste número de teléfono. Para recibir a información proporcionada a través do novo servizo de Whatsapp do Concello de Fene, as persoas interesadas deberán gardar como contacto no seu dispositivo o número 648 913 528 e, a continuación, enviar un WhatsApp co texto “ALTA FENE”. Unha vez recibida a mensaxe de confirmación de alta no servizo, os usuarios/as comezarán a recibir as mensaxes, até un máximo de dúas ao día (a non ser que existan avisos urxentes). Se nalgún momento, algunha persoa quere darse de baixa, bastará con comunicalo seguindo o mesmo procedemento, enviando unha mensaxe ao WhatsApp co texto “BAIXA FENE”.

Os usuarios e usuarias do servizo non poderán ver os datos e información do resto de persoas xa que as novas se envían a través dunha lista de difusión. O Concello de Fene é o administrador do servizo, co que será o propietario do mesmo e desde onde se remitirán as mensaxes. Ao darse de alta no servizo acéptanse as condicións e normas de uso expostas. O incumprimento das normas suporá a baixa automática e bloqueo por parte das persoas administradoras.

Ligazóns