Formación práctica en Carpintaría e Moble para o alumnado do Reincia IX

Formación práctica en Carpintaría e Moble para o alumnado do Reincia IX

As dez persoas que se forman no certificado de profesionalidade de Traballos de Carpintería e Moble  do Reinicia IX xa iniciaron as súa formación práctica e están a realizar diversos traballos e obras de utilidade pública.

Entre as actuacións feitas ata o momento, destacamos a construción de mobiliario para dependencias municipais do noso Concello.

O Reinicia IX é un obradoiro mixto de emprego e formación, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e promovido polo Concello de Fene, xunto cos de Ares, Mugardos, e Cabanas.

No programa participan 20 persoas, nas seguintes especialidades formativo ocupacionais: atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais  e traballos de carpintería e moble, aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble.