Andaina por Fene o domingo 30 de abril
24-04-2023
Esta ruta por Perlío encádrase no programa “Andainas por Fene” que organiza o Concello coa colaboración de distintas entidades veciñais ou culturais do termo municipal. Trátase de saídas de distintas distancias que se completan en aproximadamente dúas horas ou dúas horas e medio de percorrido, pensadas para recrearse no patrimonio material e inmaterial e na natureza de cada zona, contando sempre como guía cunha persoa de cada parroquia que vai comentando o que se vai vendo a cada paso. Ademais de promover hábitos de vida saudables, os itinerarios tamén teñen como obxectivo fomentar o coñecemento do concello por parte da veciñanza -e tamén das persoas de fóra que queiran sumarse-, así como reforzar os vínculos entre as entidades por medio dun programa de lecer compartido.
A participación é de balde, pero cómpre anotarse (antes do venres 28 de abril ás 13.00 horas):
de 8.30 h a 14.00 h no 981 340366 ou en cultura.deportes@fene.gal
de 16.00 a 20.00 h no 687 582 060
Saída ás 11.00 h do antigo circuíto de coches radio control, na parte traseira do Edificio As Pías e do Hostal Perlío, con acceso desde as rotondas de entrada a Navantia Fene.