San Xoán e San Pedro 2023

San Xoán e San Pedro 2023

O Concello de Fene abre o prazo de solicitude para a comunicación de fogueiras en terreos públicos e particulares  para o San Xoán e San Pedro 2023.

comunicación afecta a aquelas luminarias que teñan lugar en terreos públicos e particulares, os días 23 e 28 de xuño, a partir das 20.00 horas e ata ás 01.00 horas dos días 24 e 29 de xuño respectivamente, quedando estas perfectamente apagadas.

Unicamente poderán realizarse aquelas luminarias que teñan afectuada a COMUNICACIÓN por escrito ao Concello de Fene, acompañando DNI do/a responsable.

Estas COMUNICACIÓNS só se poderán presentar no Rexistro Xeral do Concello ou no Rexistro electrónico desta entidade, por persoas maiores de idade,  ata ás 14.00 horas do 22 de xuño de 2023. As luminarias poderán realizarse únicamente os días 23 e 28 de xuño e as súas respectivas madrugadas dos días 24 e 29 de xuño respectivamente.

Descargas
Ligazóns