Fene acolle este sábado 10 de xuño unha nova edición da súa Fashion Night

Fene acolle este sábado 10 de xuño unha nova edición da súa Fashion Night

Ás 18.00 h arrincará esta nova edición da Fashión Night de Fene na que as persoas que se acheguen a mercar nos establecementos comerciais participantes poderán beneficiarse de importantes descontos e sorteo. Outros atractivos do evento serán os desfiles de moda, as sesións de animación pola rúa, os talleres infantís e a música.

O evento está organizado pola asociación de comercio, hostalería e servizos O Cruceiro coa colaboración do Concello de Fene.