Andaina este domingo en Fene no 15º aniversario do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica de Por+Vida
09-06-2023
No 15º aniversario do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica, Por+Vida organiza este domingo 11 de xuño unha Andaina dirixida a toda a veciñanza coa colaboración do Concello de Fene.
A andaina partirá ás 11.00 horas da praza do Alcalde Ramón Souto González, aínda que dende as 10.30 horas está prevista a recollida de dorsais para as persoas participantes. O percorrido é apto para todas as idades e condicións físicas e estímase nunha hora. Logo da lectura do manifesto, e para continuar co ámbito festivo, a asociación convidará ao público asistente a disfrutar de diferentes actuacións musicais e sorteos.
Unha cita á que está convidada toda a veciñanza.