O Cafe dos segredos, e a Cafetería Pachamama, gañadores do XIII concurso de tapas de Fene 2023

O Cafe dos segredos, e a Cafetería Pachamama, gañadores do XIII concurso de tapas de Fene 2023

Por votación popular, a clientela do XIII Concurso de Tapas de Fene elixiu o “Merson da Costa” de O Son de Cociña coa campioa na categoría de tapa tradicional e o “Segredo de mar” do Café dos Segredos como a mellor tapa creativa.

Como subcampioa na categoría de tapa tradicional a clientela elixiu “Un domingo na feira” de Arrecendo e “Lauritaki!!” da Cafetería Lembranza como subcampioa na categoria de tapa creativa.

A elección do xurado profesional coincidiu coa votación popular, na categoria de tapa creativa que otorgou tamén a súa máxima puntuación ao “Segredo de mar”, mentras que na categoria de tapa tradicional a elexida como campioa e “Pito gorgorito á laranxa” do Pachamama.

Tamén houbo coincidencia no segundo posto na categoría de tapa creativa, que ocupou a tapa “Lauritaki!!” da Cafetería Lembranza, namentras que a segunda posición para a categoría de tapa tradicional o xurado optou pola tapa “Mersón da Costa” de O Son de Cociña.

Todos eles recibían no día de hoxe os premios do certame, nun acto celebrado no salón de plenos presidido polo alcalde en funcións, Juventino José Trigo Rey, e a concelleira de Promoción Económica en funcións, Ángeles Coira López. Xuntos, facían entrega aos establecementos dos diplomas que acreditaban a súa participación no certame, dos trofeos e dos premios aos gañadores por cortesía de Organiza Turismo e Eventos, Zafiro Tours Fene e Icook Escola de cociña. No mesmo acto, procedíase ao sorteo dos agasallos, como unha viaxe cortesía de Estrella Galicia, unha limpeza da tapiceria dun turismo, cortesía de Ecolimpauto ou 9 vales de 100 euros cortesía da asociación de comercio, hostalería e servizos de Fene“O Cruceiro”. Pero tamén unha longa lista de obsequios patrocinados por Electroagro Fene, Bodegas Barral, Escola Bellón-Maceiras e a Imprenta San Esteban.


Ángeles Coira subliñou o éxito de participación neste certame, pois se duplicou o número de tarxetas e fenerrutas que se despositaron nas urnas, con respecto á última edición, sendo un total de 4.725 as tarxetas recollidas e 193 fenerrutas coas que se acredita ter degustadas todas e cada unha das tapas.


O alcalde agradeceu a participación e esforzo dos establecementos locais e destacou a extraordinaria calidade das propostas presentadas.