Entrega de premios do XIII Concurso de Tapas

Entrega de premios do XIII Concurso de Tapas

A concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira, a de Seguridade, Alejandra Permuy e a de Igualdade, M.ª Carmen Martínez, fixeron entrega este mércores, no salón de plenos da Casa do Concello, dos 19 premios que se sortearon entre a clíentela que participou no XIII Concurso de Tapas. Os premios para as persoas afortunadas que selaron toda a Fenerruta foron cortesía de: Estrella Galicia (unha viaxe a Londres, Bérgamo, Barcelona ou Málaga), Ecolimpauto (limpeza da tapicería dun turismo) e da Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos O Cruceiro (9 vales de 100 euros cada un para consumir en establecementos de hostalería asociados); mentras que os premios para as persoas que cubriron as tarxetas foron cortesía de: Electro Agro Fene (un artigo de decoración), Bodegas Barral (3 estuches de productos), Escola de Música Bellón-Maceiras (un mes de clase en calquera modalidade) e da Imprenta San Esteban (tres libros de cociña). O 78,95% das persoas agraciadas cos premios foron de Fene e o 21,05 % da comarca de Ferrol (Narón, Neda, Ferrol, San Sadurniño).