Doazón de sangue en Fene

Doazón de sangue en Fene

A unidade móbil do Centro de Transfusións de Sangue de Galicia achégase a Fene este venres e o sábado. Instalarase diante do Centro de Saúde, na Avda. do Tarrío, o venres 21 de xullo, de 15.30 a 21.00 horas, e o sábado 22, de 10.00 a 15 horas. Dende a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue lembran que para doar sangue unicamente cómpre ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 kg. O momento ideal para facelo é logo de almorzar ou despois de xantar, agardando 2 horas. As persoas que desexen doar sangue deberán achegarse até a unidade móbil coa súa tarxeta de doazón, DNI ou documento similar e, no caso de estar tomando algún medicamento, tamén con informe do seu médico. Máis información en ados.sergas.gal ou no teléfono gratuíto 900 100 828.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade. Cada día mantén abertos locais de doazón nas sete grandes cidades e despraza dez unidades móbiles na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e analizadas nas dependencias centrais. Deste xeito é posible enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días do ano. O seu obxectivo só é posible grazas á colaboración dos organismos públicos, concellos, medios de comunicación, centros docentes, empresas e asociacións de doantes.

Na situación actual, traballan cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e dos doadores de sangue. Así mesmo, dispoñen dun teléfono de información gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón de sangue e tamén sobre a localización das unidades móbiles. (900100828)