O alumnado do obradoiro Reinicia IX instala novo mobiliario na Casa do Concello de Fene

O alumnado do obradoiro Reinicia IX instala novo mobiliario na Casa do Concello de Fene

O persoal que se forma no certificado de profesionalidade de Traballos de Carpintería e Moble do obradoiro Reinicia IX encargouse tanto da fabricación como da montaxe de mobiliario de oficina nas dependencias municipais. Un moble para Alcaldía e outros catro para os departamentos de Intervención, Xestión económica e financiera. Actuación que forma parte da formación práctica que desenvolve o alumnado.

O obradoiro Reinicia IX é un obradoiro mixto de emprego e formación, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e promovido polo Concello de Fene, xunto cos de Ares, Mugardos e Cabanas.

No programa, que finaliza no vindeiro mes de Setembro participan 20 persoas nas especialidades de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e traballos de carpintería e moble, aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble.