Cinco persoas desempregadas de Fene benefícianse este ano do Programa de Integración Laboral PEL Concellos 2023, da Deputación da Coruña
20-07-2023
Catro peóns e unha auxiliar de biblioteca asinaron este luns os seus contratos para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, a xornada completa cunha duración de seis meses. Outras duas peoas traballan xa na área de Servizos desde o pasado mes contratadas a través do programa APROL rural financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade.
A Deputación Provincial realiza unha achega de 52000 euros para este programa de fomento da empregabilidade. Os/as beneficiarios/as son catro peóns que reforzan a área de Obras e Servizos desenvolvendo labores de conservación en espazos municipais –mantementos e pequenas obras- ou nos servizos de recollida do lixo e limpeza. Ademais con cargo ao PEL incorporouse tamén unha auxiliar á biblioteca municipal. A relación laboral deste persoal prolongarase ate o 16 de xaneiro do vindeiro ano.
Por outra banda, a través do APROL Rural da Xunta, o Concello tamén contratou a duas operarias para levar a cabo traballos de roza e prevención de incendios forestais. Neste caso a duración do contrato é de nove meses a xornada completa ate marzo do ano que vén. A achega autonómica, neste caso de 27.940 euros só cobre o 55% dos custes do programa, mestres que o 45% restante – uns 22.500- son sufragados con fondos municipais.