Un novo obradoiro de emprego, o INICIA VII, dará comezo en setembro
10-08-2023
Imaxe de arquivo
O Concello de Fene xunto cos de Ares, Mugardos e Cabanas impartirá, a partir de setembro de 2023, cunha duración dun ano, o obradoiro de emprego INICIA VII subvencionado pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, co apoio financeiro da Unión Europea a través do FSE e do SEPE a través do Programa operativo de emprego xuvenil PROXECTO INICIA VII, con 16 prazas, programa mixto de formación e colocación dirixido a mozos e mozas empadroados nun dos catro concellos e que estean rexistrados no programa de garantía xuvenil.
A inscrición neste rexistro é un requisito indispensábel para poder participar no obradoiro. Para formalizalo accédese a través do seguinte enlace:
Os requisitos para inscribirse no programa de garantía xuvenil son:
- Estar empadroado en calquera localidade do territorio nacional español.
- Ter máis de 16 anos e menos de 30, no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
- Non estar realizando accións formativas nin educativas.
- Non ter traballado no día natural anterior á data de presentación da solicitude
- Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil
A especialidade formativo ocupacional que se vai impartir é a seguinte:
FÁBRICA E MONTAXE DE INSTALACIÓN DE TUBERÍA INDUSTRIAL, curso de nivel 2 que require estudos de ESO ou equivalente. Tamén é requisito imprescindible para poder acceder a este programa ser maior de 18 anos
Para máis información:
Concello de Fene, Area de Formación e Emprego “Pancho Allegue”, Praza do Alcalde Ramón José Souto González s/n, Teléfono 981 492 767. orientacion.laboral@fene.gal