Homenaxe a Ramón José Souto González, último alcalde fenés da República

Homenaxe a Ramón José Souto González, último alcalde fenés da República

O acto institucional celebrarase este mércores 16 de agosto ás 20.00 horas na praza que leva o seu nome

O Concello de Fene celebrará este mércores 16 de agosto, a partir das 20.00 horas, un acto de homenaxe e lembranza a Ramón José Souto González, o último alcalde da República en Fene, fusilado xunto a outros membros da corporación en 1936. O acto terá lugar na praza da casa consistorial, hoxe bautizada co nome do ex alcalde en recoñecemento e memoria da súa figura.