O Concello de Fene ven de publicar as bases para alumnado e profesorado do Obradoiro de emprego INICIA VII
06-09-2023
Tal e como vimos informando, o Concello de Fene ven de publicar as bases para alumnado e profesorado do Obradoiro de emprego INICIA VII que comezará a finais do mes de setembro.
Sobre o proceso de preselección do alumnado traballador, dicir que o Concello de Fene é o órgano responsable de tramitar unha oferta de emprego pola especialidade no Servizo Público de Emprego de Galicia (SEPG), para logo proceder á selección definitiva das persoas candidatas a través do órgano de selección. Bases e anuncio no BOP aquí
Sobre o proceso de selección persoal do persoal directivo, docente e administrativo de apoio, aclarar que se realiza mediante convocatoria pública. Así, as persoas que desexen participar deberán presentar instancia segundo o modelo que figura nas bases. O prazo de presentación de instancias é de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (publicación no BOP do 06/09/2023). Bases e anuncio no BOP aquí
Desde o inicio da súa participación no obradoiro dual de emprego, o alumnado-traballador será contratado pola entidade promotora na modalidade de contrato para a formación e aprendizaxe, polo que percibirá unha retribución equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional incluída a parte proporcional dunha paga e media extraordinaria.
A especialidade formativo ocupacional que se vai impartir é FÁBRICA E MONTAXE DE INSTALACIÓN DE TUBERÍA INDUSTRIAL, curso de nivel 2 que require estudos de ESO ou equivalente.
Se estás interesado/a chama a;
Concello de Fene, Area de Formación e Emprego “Pancho Allegue”, Praza do Alcalde Ramón José Souto González s/n, Teléfono 981 492 767. orientacion.laboral@fene.gal