Fene sabe a mar
09-09-2023
A campaña promovida pola Consellería do Mar, Galicia sabe a mar, para promocionar os produtos do mar en poñer en valor o labor das persoas profesionais da pesca e do marisqueo, aparcará a súa foodtruck en Fene o vindeiro luns 11 de setembro. Todas aquelas persoas interesadas en degustar de balde petiscos realizados con produtos do mar e da terra galegos deberán achegarse á Praza Alcalde José Ramón Souto González de 12:00 a 15:00 e de 18:00 a 21:00.