O Concello de Fene acolle un curso de prevención de riscos no manexo de motoserra e rozadoira do ISSGA

O Concello de Fene acolle un curso de prevención de riscos no manexo de motoserra e rozadoira do ISSGA

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de setembro

O curso, presencial, será no Concello de Fene os días 3, 4, 5 de outubro. Realizaráse de 9.00 a 14.00 h con 15 h de duración.

As persoas interesadas en inscribirse, son 15 prazas, teñen até o 28 de setembro para enviar cuberto o formulario de inscrición ao correo electrónico issga.formacion@xunta.gal

O formulario tamén se pode cubrir online na web do Issga http://issga.xunta.gal  

Esta ficha de inscrición enviarase cuberta xunto con copia do DNI e, no caso de ter algunha relación co sector (posto de traballo ou formación), enviarase un documento que acredite esta relación, para ter prioridade á hora de acceder ao curso.

Os contidos do curso son os seguintes:

• 1. A SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO (0,5 HORAS)
◦ Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo. Lexislación de referencia. Organismos públicos con competencias na materia. O ISSGA
• 2. A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO MANEXO DE MAQUINARIA FORESTAL (2 HORAS)
◦ A motoserra
◦ A rozadoira
• 3. OS EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL (EPI) (1 HORA)
• 4. PLANIFICACIÓN DOS TRABALLOS DE APROVEITAMENTO (1 HORA)
◦ Recoñecemento previo da parcela
◦ Organización do método de traballo
• 5. PRIMEIROS AUXILIOS E PRIMEIRA INTERVENCIÓN EN CASO DE ACCIDENTE (1 HORA)
• 6. PRÁCTICAS DE MANEXO SEGURO DA MOTOSERRA (4,75 HORAS)
◦ Identificación dos dispositivos de seguridade
◦ Mantemento, montaxe e desmontaxe de motoserra
◦ Manexo da motoserra. Técnicas de apeo, derramado e tronzado
• 7. PRÁCTICAS DE MANEXO SEGURO DA ROZADOIRA (4,75 HORAS)
◦ Identificación dos dispositivos de seguridade
◦ Mantemento, montaxe e desmontaxe de rozadoira
◦ Manexo da rozadoira. Técnicas de traballo

 

 

Descargas