O vindeiro día 30 de setembro do 2023 o Paseo Marítimo San Valentín acollerá unha homenaxe a Salvamento Marítimo

O vindeiro día 30 de setembro do 2023 o Paseo Marítimo San Valentín acollerá unha homenaxe a Salvamento Marítimo

Logo que a IMO -Organización Marítima Internacional- outorgara a Mención de Honra o valor excepcional ao equipo de Salvamento Marítimo da base de Fene e a unidade de intervención de buceo de Ardentia Marine, o Concello de Fene acollerá o vindeiro sábado 30 de setembro unha homenaxe no Paseo Marítimo de San Valentín. 

Os actos, abertos a veciñanza, comezarán ás 10.30 h e prolongaranse ata ás 15.00 h. Ao longo da xornada as persoas asistentes poderán ver material de rescate e seguridade, exhibicións de cans policía así como o simulacro dun rescate acuático fronte a San Valentín. Será ás 14.00 h cando se realice a homenaxe ao persoal da Base de Salvamento Marítimo.