A Deputación visita o Concello de Fene para analizar o estado de varias estradas
23-11-2023
O alcalde, Juventino Trigo e parte do goberno municipal reuniuse e onte en Fene coas deputadas de vías e obras, Mónica Rodríguez, e de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios, Cristina García, para analizar o estado de varias estradas
A xuntanza serviu de punto de partida para iniciar os estudos para a posterior valoración económica e técnica de varias estradas. En concreto, trátase de tres actuacións, que xa foron anunciadas polo presidente da Deputación nunha visita anterior ao municipio.
A primeira é a ampliación da senda peonil na DP 3501 Limodre a Maniños, dende a Torre de Borrás a Barallobre. Os tramos de cada ampliación decidiranse segundo o resultado dos estudos técnicos.
A segunda, é a cesión do tramo urbano da DP 1503 de Perlío a Lavandeira de, aproximadamente, 600 m. ao concello de Fene. E, a terceira, a ampliación da senda peonil na DP 3503 DE Maniños á estrada AC-121 en sillobre por San Marcos, dende o instituto de educación secundaria ata o cemiterio.
Na xuntanza acordouse comenzar os estudos para a valoración económica e técnica de varias estradas.