O centro ocupacional de Aspromor colabora co Concello de Fene no amaño e posta a punto dos colectores do lixo
12-02-2024
Usuarios/as desta entidade que traballa con persoas con discapacidade da zona do Ortegal, son os encargados de amañar os colectores avariados ou con desperfectos, por fendas, golpes ou queimaduras. En Aspromor amañan colectores, bandexas, caixas de envases de plástico, polietileno ou polipropileno, dándolles unha segunda vida. Empregando máquinas estrusoras de soldadura de plástico, o proceso comeza co fundido do material na zona do desperfecto e, á vez que vai fundindo, apórtase novo material por termosoldadura.
Entre os beneficios que supón o emprego desta tecnoloxía (da que contan coa patente no centro de Ortegal) salientan: o aforro de custos co produto reparado con respecto ao produto novo, a colaboración coa protección do medio ambiente e o apoio á inclusión social, tendo en conta que son persoas con discapacidade en proceso de inserción laboral as que desenvolven as reparación de envases de plástico.
Amais do taller de reparación de envases de plástico, outro de fabricación de fregonas e un invernadoiro, Aspromor tamén conta con centro de día, servizo residencial e servizos de atención terapéutica en Ortigueira.