Aprazado o outlet para a vindeira fin de semana

Aprazado o outlet para a vindeira fin de semana

Por mor da alerta meteorolóxica, o Concello de Fene decidiu cancelar o Outlet previsto para esta fin de semana, trasladándose para o próximo co mesmo programa. O Outlet de Fene empezou a primeiras horas da mañá do venres pero o mal tempo e as alertas de temporal empuxaron a aprazar a iniciativa, despois de consultar cos establecementos participantes.
 
A fin de semana do 8,9 e 10 de marzo, o comercio local celebrará a iniciativa que organiza o Concello coa colaboración da Asociación o Cruceiro.